Que queremos?
Coa presentación desta ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) reclamamos igual trato e iguais dereitos, concretamente que se garanta materialmente o exercicio do dereito á información e á atención en galego, nun ámbito tan básico como o socioeconómico.

Precisamos un mínimo de 10 000 sinaturas para levar a iniciativa ao Parlamento de Galiza.
1. Dereito á atención en galego.
2. Dereito a recibir en galego calquera información, avisos ou instrucións, de maneira oral ou escrita, calquera que sexa o formato.
3. Dereito a dispor de contratos e formularios en galego.
4. Respecto pola toponimia galega, única e oficial.
5. Dereito a termos opción de galego na teleatención.
6. Exemplo das administracións públicas ao contratar servizos, garantindo a capacidade de atender e entender en galego e primando na contratación quen respecta a nosa lingua.
7. Campaña informativa dos dereitos lingüísticos pola Xunta de Galiza.

CÁRGATE DE
SENTIDO COMÚN
E ASINA